18 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.
? Concello de Ames regalará este Nadal a todos os nenos do municipio un libro de contos, nunha iniciativa de fomento da lectura que suporá o reparto de cerca de 2.000 volumes durante estas vacacións. Os dous volumes forman parte dunha edición especial realizada por Kalandraka e que, entre outras particularidades, incorpora a mascota do concello, Lepi. Os dous títulos que se repartirán como parte da campaña que se organiza desde as bibliotecas de Bertamiráns e Milladoiro, son Miau , de Antonio Rubio e ilustracion de Óscar Villán. Este libro está destinado aos nenos de entre 0 e dous anos. Para os rapaces de 3 a 5 anos, o libro editado é O gato Guille e os monstros , escrito e ilustrado por Rocío Martínez.