Reeditan un guión para o cine que os irmáns Dieste escribiron en 1938

La Voz LA VOZ | REDACCIÓN

TELEVISIÓN

O texto está baseado nun conto de Eduardo do que Rafael fixo a versión para o celuloide O CGAI e o Museo de Arte Carlos Maside publican «Promesa del viejo y la doncella»

28 jul 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

O Centro Galego de Artes da Imaxe de A Coruña, xunto co Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, de O Castro (Sada), acaba de publicar o volume Promesa del viejo y de la doncella , que recolle o guión cinematográfico do mesmo nome elaborado polos irmáns Eduardo e Rafael Dieste na década dos anos trinta. A obra vén acompañada de varios textos inéditos de Rafael, todos eles relacionados co cine, e de dous estudos de contexto: un do profesor da Universidade de Santiago Luis Miguel Fernández e outro de Ana Belén Martínez Delgado, estudosa da obra de Rafael Dieste. Interese está baseado nun conto que Eduardo publicou no ano 1933. Dous anos despois, o propio Eduardo, sorprendido polo interese que nesa época amosaba o mundo do cine polos textos literarios, convenceu ao seu irmán para que adaptase o relato á gran pantalla. A edición do novo volume está coordinada por Arantxa Estévez e, segundo o CGAI, «supón a recuperación e restauración documental dunha rara incursión no mundo audiovisual por parte de dúas figuras senlleiras da cultura galega». «O libro acada un valor singular polo discreto achegamento que os escritores galegos relacionados co espertar cultural do século pasado tiveron cara ao cinema no proceso de desenvolvemento da súa extraordinaria, e moitas veces pioneira, creación cultural», engade o CGAI. Máis textos Ademais desa obra, o libro que agora editan o Centro e o Museo Carlos Maside inclúe tamén os textos de Dieste La virgen desmemoriada , El duende y El muñeco asesinado , con vistas en facsímile dos correspondentes manuscritos.