Ofrece copias dos seus arquivos á Real Academia Galega Francisco Campos califica de obriga apostar polos actos culturais
19 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.? vindeiro ano, a Real Academia Galega (RAG) cumpre 100 anos e a Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) optou por sumarse a esta celebración cun convenio polo que se compromete a facer un documental sobre esa entidade. A canle autonómica poñerá os medios técnicos para un argumento e un guión que elixirá o persoal da RAG e que aínda non está decidido. Está previsto que se comence a elaborar nos vindeiros meses e que se emita pola canle internacional da TVG para que chegue «alén do mar, nese ámbito simbólico que ten Latinoamérica e o mundo da emigración», segundo comentou o director xeral da compañía, Francisco Campos Freire. Memoria audiovisual Tamén dixo que a colaboración non se restrinxirá á confección e emisión do documental, senón que tamén está previsto que se dea unha boa cobertura a todos os actos que se celebren na Academia, así como a entregar unha copia de todo o material sobre os persoeiros salientables e as gravacións sobre a entidade que existan nos seus arquivos. «A RTVG ten a memoria audiovisual máis completa de Galicia dos últimos 20 anos», apuntou Campos Freire, que recoñeceu que esta situación pode mudar cando se faga o arquivo audivisual na Cidade da Cultura. Campos considerou que é unha obriga dos medios de comunicación públicos divulgar o idioma e a cultura. O director da CRTVG indicou que o convenio firmado onte, na sede da RAG na Coruña, «representa a vontade sincera de contribuír a resaltar un feito histórico». Campos taménsalientou que a compañía leva apostando pola gravación de persoeiros durante os últimos anos e conta con vinte horas de imaxes, que tamén serán facilitadas á Academia e que non se fan só coa finalidade de que se integren en distintos programas, senón para que sirvan para integrar a memoria audovisual do país. Este arquivo complétase cada ano con novas imaxes. Apoio fundamental Ademais, lembrou que a TVG realizará unha programación especial dos actos principais do centenario e incluso ofreceuse a gravar anualmente algunha sesión plenaria da Real Academia Galega que se considere de interese. O presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro, salientou que «contar co apoio da Radio e a Televisión de Galicia é algo fundamental» e avanzou que non pretenden co centenario «actos fastuosos», pero estimou «que unha institución de 100 anos de vida merece no só pensar no futuro».