Petición da presenza da Casa Real para o acto principal

La Voz

TELEVISIÓN

19 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

O presidente da RAG adiantou o que pretenden ser os principais actos polo aniversario da institución. Recalcou que non hai que esquecer que a Academia é Real e convidarase á Casa do Rei para que participe no acto principal, no que se pretende que estean representadas as casas de Galicia no exterior e as outras academias da lingua do Estado. Considerou que chegou o momento de facer o que definiu como «o gran dicionario etimolóxico»; comentou que, co Instituto Cervantes, pensan na tradución de 10 ou 20 escritores galegos salientables a outras linguas; e unha grande mostra sobre os principais acontecementos da cultura galega neses cen anos. Esta exposición, na que conta coa colaboración de Caixa Galicia, pretende ser itinerante e percorrerá as sete principais cidades galegas.