«O Sergas debería cubrir a risa»

La Voz LA VOZ | REDACCIÓN

TELEVISIÓN

SANDRA ALONSO

Víctor Fábregas e Roberto Vilar, Tonecho e Tucho, as estrelas do Luar, quitaron onte o pixama e o casco para contestar desde a web de La Voz aos internautas de todo o mundo

05 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

Os Tonechos acudiron onte á Redacción de La Voz en Santiago para chatear cos internautas do éxito que lles persegue desde que usan casco e pixama. Algunhas das preguntas fixéronllelas en castelán, pero eles responderon sempre en galego. E non dubidaron en converter Internet no mesmísimo plató de Luar desde o comezo mesmo do encontro: «Bos días ás personas, e ás que non son personas, tamén». -Con vosotros no hay término medio, o levantáis pasiones o no gustáis en absoluto. ¿Por qué? -Cando algo triunfa sempre hai xente que fala mal. -¿Os basáis en alguien para vuestros personajes? -Son personaxes que están no pobo, cotiáns, de todos os días. -Cando Tonecho ri, ¿faino porque está no guión ou porque non aguanta a risa? -Ri porque o está a pasar ben. -¿Tedes medo a quedar catalogados como Os Tonechos? -Temos medo a morrer de fame e acabar na cuneta. Non nos importaría acabar catalogados se iso nos permite vivir disto. -¿Habéis pensado si vuestro humor seria exportable al resto del Estado? -O humor é tanto aquí coma na China. Nós somos galegos e ese condimento vai connosco. Non temos que facer algo aséptico. -¿Por qué gustan a las personas de más de cuarenta años y encima no gallegohablantes? -Máis de corenta e menos de catro... Hai un club de fans en Lleida, outro en Sevilla... Xa nos gustaría ter as claves. Seríamos millonarios se o soubésemos. -¿Que cren que achega o seu humor á cultura do noso país? -Só tentamos facer rir. Se o humor se entende como cultura, tamén. axudamos a desdramatizar moitas cousas e a rirnos de nós mesmos. O esperpento marca as características que pasarían desapercibidas se non se esaxera. Tan importante é rir como ler. A risa debería cubrila o Sergas, entrar no seguro. -¿Que moto ten o Tucho? ¿Ou é deses que non a teñen e levan o casco para presumir? -É o que se chama tecnicamente un chulito. Coma o que leva as chaves do Mercedes na man... -¿Como se coñeceron? -Hai dous anos, nunha discoteca escura, nos sofás, no fondo... -¿Seguen un guión ou improvisan? -Sempre hai un guión, pero nunca pechado, e, se o directo o permite, sempre se improvisa. Unha frase explícao: todo está escrito menos o que se improvisa. -¿Levádesvos ben todos? -Se todos somos dous, aínda menos mal.... -¿«Juisqui» ou ron? -Antes ron, agora máis juisqui. -¿Qué sería de Os Tonechos sin Gayoso? -Non serían o que son, non hai dúbida ningunha. Gayoso fixo connosco o papel de pallaso branco. Estámoslle moi agradecidos. -¿Dónde compráis los pijamas, en Simago o en Verino? -O de Tonecho, que é sempre o mesmo, é dun deseñador galego: Juan Canalejo. O día que o rouben, Tonecho terá que poñerse traballar.