A volta de Inés de París centra o novo capítulo de «As leis de Celavella»

La Voz LA VOZ | REDACCIÓN

TELEVISIÓN

FIRMA

A moza revoluciona a vila ó vestir pantalóns e conducir un coche Noutro dos argumentos, o cabo Blas detén a Benito Costa por cazar furtivamente

04 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

? TVG ofrece esta noite un novo capítulo da serie histórica As leis de Celavella. Nesta ocasión, a vila verase sobresaltada pola volta de Inés da súa viaxe a París, que supón toda unha revolución. A moza ven nun automóbil descuberto, algo nunca visto no pobo. Ademais, para sopresa de todos, conduce ela mesma, e o máis escandaloso: viste pantalóns. Leocadia e dona Elvira non dan crédito e pensan que algo está mudando. Pombo, pola súa banda, está do máis ledo polo regreso de Inés, pero a súa ledicia tórnase en anoxo o saber que a súa filla gastou tódolos cartos do bote en souvenirs na cidade a luz: discos de charlestón, botellas de Dom Perignon, traxes de Chanel e un cadro de vangarda para o seu amigo, o avogado e detectiva Pablo Veiga, aínda que a éste non parece gustarlle moito o agasallo. Noutra das tramas do capítulo de hoxe, Blas anda co mando subido á cabeza. En ausencia do tenente Wenceslao, o cabo, obsesionado con manter a orde en Celavella, non fai máis que por denuncias e multas polos feitos máis insignificantes. Nun dos seus delirios de poder detén o desgraciado de Benito Costa por cazar furtivamente uns coellos no montes de Pombo. Por contra, todos na vila son conscientes de que Benito só pretendía acadar algo que darlle de comer ós seus fillos, e senten compaixón por el. Por iso deciden que sexa un dos beneficiarios a poxa que, como tódolos anos, están a organizar dona Elvira e Leocadia. Para a poxa, Inés cede unha valiosa diadema, aínda que non tarda en arrepentirse da súa arroutada, pois dentro do estoxo da xoia hai algo de moito valor. A partir de aquí, xurde un novo lío.