Currás anuncia o primeiro plan de normalización lingüística

La Voz

TELEVISIÓN

?o acto de presentación de todo o material didáctico con motivo do Día das Letras Galegas, no colexio Apóstolo Santiago da capital galega, o conselleiro de Educación, Celso Currás, anunciou a presentación nunhas semanas do primeiro plan de normalización lingüística da Xunta. O anuncio quedouse unicamente neso, nun anuncio, xa que os responsables da consellería non quixeron facer ningún tipo de avance sobre este documento, no que traballan un equipo de expertos e case con seguridade se dé a coñecer publicamente antes do mes de agosto. Vinculación Currás lembrou a vinculación da lingua galega co ensino, poñendo como exemplo o feito de que a dirección xeral de Política Lingüística sempre estivese na Consellería de Educación. Este feito responde, segundo o responsable deste departamento, a que o ensino é fundamental para a normalización da nosa lingua. Currás destacou de Xocas, un dos primeiros galegos en recibir a medalla Castelao, a súa faceta investigadora no ámbito da etnografía, «e ser un amante da terra e o ensino».