A Enciclopedia Británica deixará de chamarlle «dialecto» ao galego

Ramón Loureiro Calvo
Ramón Loureiro REDACCIÓN

TELEVISIÓN

A prestixiosa publicación revisará, no seu conxunto, a voz referida a Galicia Tampouco seguirá usando nas súas páxinas topónimos derogados como El Ferrol del Caudillo

27 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

? galego vai deixar de aparecer como «dialecto» na Enciclopedia Británica, segundo veñen de anunciar os editores da publicación, respostando así ás queixas elevadas por tres dos máis significados defensores da lingua de Galicia no mundo universitario inglés: John Ruttherford e o mugardés Gabriel Rei-Doval, profesores ambos os dous en Oxford, e Craig Patterson, que exerce a docencia na Universidade de Birmingham. «Entregamos copia da súa carta aos xefes das seccións de Linguas e de Xeografía Europea -anuncian os responsables da Enciclopedia Británica na súa contestación aos profesores-. E tamén os nosos asesores -explican- recomendaron que encarguemos novos artigos sobre Galicia, e teremos en mente o Centro de Estudios Galegos cando o fagamos». A «Junta» de Galicia A finais do pasado ano, os tres investigadores xa lle fixeran notar á Enciclopedia que «a súa referencia ao goberno fortemente centralizado de Franco carece da necesaria veracidade historica e historiográfica (foi dictadura, ¿lembran?), que deben falar dunha Xunta de Galicia e non dunha Junta, e que as provincias se coñecen polas formas galegas A Coruña e Ourense, únicas correctas consonte a reforma legal do Estado Español do 1998». Fixeran saber, ademais, como recorda Craig Patterson, que o topónimo El Ferrol del Caudillo está derogado e substituído oficialmente por Ferrol, e que soster que «o galego é un dialecto do portugués que se fala no noroeste de España» representa un «prexuizoso erro de moita envergadura». Os nvestigadores tamén incidiran en que, que se ben é certo que o uso literario da lingua galega tivo o seu cumio, alomenos en canto á lírica, na Idade Media, non é xusto ignorar fitos como a Xeración Nós.