Manuel Manquiña e Antón Durán Morris , serán os presentadores do especial de Noiteboa que ten preparada xa Televisión de Galicia. Os dous actores abandonarán os habituais platós televisivos para achegar unha ocurrente aventura navideña que discorrerá entre a realidade e a ficción, e entre os máis actuais postulados científicos e as crenzas relixiosas. Previamente, a serie de ficción Pratos Combinados , achegará un novo e sorprendente episodio no que Miro volverá a verse involucrado nun enredo do que tentará sair airoso. O Bar Suízo será de novo o escenario no que se prepará unha gran festa navideña que consistirá nun espectáculo de maxia, para o que Balbina xa ten contratada a actuación principal do mago. Nesta denominada Noite de Estrelas haberá tamén tempo para a mellor música coas actuacións de Luar na Lubre, Anubía, Os Cempés, Xoán Rubiá, Avalon, Café Quijano, Rosana, Manu Tenorio, Nuria Fergó, Rocío Durcal, Sergio Dalma e Paloma San Basilio, entre outros. Programación de Nadal Por outra banda, a canle internacional da Televisión de Galicia ten tamén preparada a súa programación especial para o Nadal. Con este cometido, as emisións da TVG tanto para Europa, a través de Digital Plus, como en América, con Galicia TV, incluirán entre os seus pratos fortes novos espacios infantís, longametraxes e permitirán seguir, en directo, acontecementos clave do ano que remata como o acto de Traslación dos Restos do Apóstolo e a Apertura da nova Porta Santa, e de benvida como as Badaladas e o Especial Fin de Ano da TVG. Desde hoxe, ós programas habituais incorpórase unha nova oferta dirixida ós rapaces, os debuxos animados, con marcado selo galego.