A Mostra de Cangas recorda a Vidal Bolaño no primeiro cabodano

La Voz LA VOZ | REDACCIÓN

TELEVISIÓN

Hai hoxe un ano morría en Compostela Roberto Vidal Bolaño. O dramaturgo falleceu tras unha enfermidade que non conseguiu mantelo lonxe dos escenarios. Nestes mesmos días, a Mostra de Cangas está a realizar lecturas da súa obra como lembranza da extensión e importancia que tivo para o país. No último ano, case todos os estamentos culturais do país, numerosas institucións e todos os festivais e mostras de teatro, levan rendido homenaxes de diferentes tipos para lembrar a figura e a calidade da obra de Vidal Bolaño.