Unha imaxe anovada que dará identidade a cada unha das edicións

La Voz

TELEVISIÓN

20 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

As bibliotecas de autor de Galaxia terán unha imaxe anovada. Cada colección terá a súa particular referencia icónica, para que as diferentes biblotecas poidan ser distinguidas polos lectores a primeira vista. Deste xeito, Galaxia elexiu obras de Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo para as portadas da colección de Ramón Otero Pedrayo, considerando que hai moitos puntos de contacto entre a escrita do patriarca das letras galegas e a obra de ambos artistas. Para a colección de Eduardo Blanco Amor, a elección é aínda máis singular, posto que a editora decidiu utilizar fotos realizadas polo escritor para ocupar as portadas e as ilustracións. Blanco Amor practicou a fotografía con asiduidade, como como un complemento do seu labor xornalístico e literario. Neste sentido, a biblioteca que Galaxia lle adica servirá tamén para dar a coñecer unha faceta do escritor considerablemente menos coñecida do autor, pero que ofrece pistas sobre as perspectivas estéticas e as formas de mirar do escritor.