«Supera unha disputa que xa viña cansando»

La Voz

TELEVISIÓN

14 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Alberte Ansede estivo no nacemento da nova normativa, cando era presidente da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, e sufriu o seu longo proceso. Lembra: «O momento máis crítico foi aquel 17 de novembro no que a Real Academia Galega dictaminou negativamente o informe que lle presentamos». «Vendo a reacción non so do mundo cultural senón dos sectores económicos vinculados á edición de libros, vendo esa resposta mantiven a seguridade de que máis cedo que tarde isto acabaría arranxándose», engade. Para Ansede, «desde o punto de vista social e de uso da lingua o acordo é moi positivo e supera unha disputa que xa viña cansando á xente».