14 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.
Fabiola Sotelo, presidenta da Asociación de Editores, explica que os compoñentes deste colectivo están «contentos, sobre todo polo resultado desta resolución final». Agarda que a decisión da Academia «sexa ratificada polo Goberno galego» e lembra que a maioría dos editores galegos xa estaban empregando a normativa ó cen por cen, aínda que tamén están os que publican con ortografía portuguesa. Insiste Fabiola Sotelo en que este é «un grande paso para esta pax lingüística, porque no fondo non son tantos os cambios para o moito que se gaña». En canto á adaptación da normativa as novas publicacións entende que «o maior problema é no mundo do ensino e sobre todo nos libros de lingua».