«Hai que avanzar nun pacto social arredor da lingua»

La Voz

TELEVISIÓN

14 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

«Todo o que sexa facer confluír vontades e superar diferencias sobre a lingua é moi positivo», asegura Víctor F. Freixanes. O máximo responsable da editorial Galaxia lembra que a cuestión da normativa «entorpeceu a normalización da lingua, sobre todo no eido educativo» e adianta que para as editoriais a nova normativa vai supor un esforzo de adaptación, «pero esa é a nosa contribución». Freixanes valora a decisión tomada polos membros da Real Acadmia Galega como «unha proba de madurez» e pide «responsabilidade e firmeza na aplicación dos acordos tomados». Pero tamén dá un paso máis e defende a necesidade de «avanzar nun pacto social arredor da lingua».