EULOXIO RODRÍGUEZ RUIBAL
14 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.O presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Euloxio Rodríguez Ruibal, lembra que a «unificación total» era o obxectivo da reforma da normativa lingüística «para evitar esa división que viña incordiando a todos». Apunta Ruibal que as modificacións «son pequenas cousas, pero hai máis opcións e iso é bo xa que a lingua é algo vivo que ten que irse adaptando os tempos». Tamén di: «Había unhas diferencias mínimas que estaban interrompendo moito o normal desenvolvemento da nosa lingua e da nosa cultura». Ruibal pensa que coa nova normativa «desaparecerán esos dous bandos que había ata agora» e chegará a concordia.