O programa «Galicia nos sentidos» chegará á metade dos concellos galegos

La Voz LA VOZ | SANTIAGO

TELEVISIÓN

O programa Galicia nos sentidos percorrerá este verán 160 concellos galegos, ós que levará unha ampla variedade de concertos de música sinfónica e folk, espectáculos de danza e outras actividades tradicionais nos circuítos culturais coma teatro. O conselleiro de Cultura, Jesús Pérez Varela, asinou onte os convenios cos alcaldes dos concellos beneficiados con este cartel de 540 espectáculos, protagonizados por máis de 300 grupos e formacións. O investinento neste programa festivo ascende a 1,2 millóns de euros, un 16,5% máis que o pasado ano. Os concertos de música sinfónica limitaranse as catedrais e grandes igrexas galegas, nas que actuarán a Orquesta Sinfónica de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia, a Joven Orquesta Sinfónica de Galicia e as sinfónicas do Conservatorio de Melide, a Reveriano Soutullo a a do Conservatorio de Lalín. As actuacións de folk, danza e música clásica concéntranse no apartado do programa O son da vila , que estará en cada unha das vilas ás que chegue durante dous días consecutivos.