O director do CDG estrea un espectáculo coa compañía residente de Braga

La Voz LA VOZ | SANTIAGO

TELEVISIÓN

04 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

O director do Centro Dramático Galego, Manuel Guede, estrea mañá no Espaço Alternativo PT de Braga Algumas polaróides explícitas , do autor británico Mark Ravenhill, producida pola Compañía Teatro de Braga e interpretada por un elenco de seis actores e actrices portugueses. O autor recorre ó desencanto dun preso político que regresa á casa logo de quince anos para reflexionar cun humor sobre a perda de valores e de compromisos e o conflicto xeracional. Este proxecto é o primeiro deste ano no intercambio entre a compañía residente de Braga e o CDG, que tamén coproducirán o espectáculo sobre a figura de José Afonso, Cantigas de Já , dirixido por Jen-Pierre Sarrazac e que se estrea en decembro na programación de Coimbra como capitalidade cultural europea. A participación galega inclúe ós deseñadores Fran Veiga (iluminación), e Permuy (material multimedia).