O escritor Antón Tovar, galardoado co premio Celanova, Casa dos Poetas

La Voz LA VOZ | OURENSE

TELEVISIÓN

07 mar 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

O xurado do premio Celanova, Casa dos Poetas acordou concecer este galardón ó poeta Antón Tovar Bobillo (Rairiz de Veiga, 1921) tal e como se deu a coñecer onte por parte do alcalde de Celanova e presidente do padroado da Fundación Curros Enríquez, Antonio Mouriño. O premio, que chega a súa edición número dazanove, non ten dotación económica e o obxectivo do mesmo é recoñecer «cada ano a unha persoa ou entidade que ó longo da súa existencia se teña significado especialmente por desenvolver un intenso labor a prol da cultura galega en tódalas súas facetas, ou da propia Galicia». Antón Tovar escribe indistintamente en galego e castelán e na súa poesía mestura o intimismo xunto coa preocupación social. Este poeta estudiou Filosofía e Letras en Compostela e ingresou como novicio nos xesuítas, en Salamanca, vocación que deixou para ingresar como funcionario de Facenta. Despois de xubilarse tivo unha librería en Ourense. Xoana Torres, Luz Pozo, Xaime Quessada e José Ángel Valente foron os últimos galardoados. A entrega do premio farase o día 31 de agosto, cabodano da morte de Celso Emilio Ferreiro.