O libro «Unha presa de terra», de Marilar Aleixandre, foi gañadora do premio de novela por enregas de La Voz

Eva Ocampo Vigo FERROL

TELEVISIÓN

Marilar Aleixandre é a autora dunha novela que ten tódalas vantaxes para atraer ó lector O libro está ilustrado por Xoán Carlos Abraldes Lecturas cualificadas:

29 oct 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

Nas vacacións estivais a xente ten máis tempo para ler e esto sábeno os xornais que, como era costume a finais do XIX e principios do XX, volven a ofrecer ós seus lectores novelas por entregas. Estas obras veñen a malchamarse folletinescas polo simple feito de que aparecen publicadas por fragmentos, mais este termo, que vai ven para as publicadas hai cen anos -xa que «folletín» hoxe alude máis ben a aquelas obras de tema melodramático, moralizante, sentimentaloide e, na súa inmensa maioría, malas- non se pode aplicar ás de hoxendía. Nada de folletín e moito de boa novela ten a obra que se alzou co Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia do verán do 2001. Foi a tituada Unha presa de terra, de Marilar Aleixandre, unha das escritoras máis recoñecidas do panorama literario en Galicia. Este libro entrégase mañá con La Voz de Galicia, dentro da colección Bibiblioteca Galega 120, polo prezo de só un euro máis o custo do xornal. O cadáver dunha muller, Lulú, aparecido nun ascensor, é o punto de arranque de esta novela de intriga. Ademáis da policía, aparece unha detective privada, Ana, que vai investiga-lo caso, ó tempo que se engaiola dun dos principias sospeitosos. A novela ten as limitacións que impón o feito de ser publicada en entregas diarias durante un mes, o que fai que teña 31 capítulos de dimensións semellantes -por mor do espacio no xornal- e rematados de xeito que o lector queda intrigado por saber qué pasará o día seguinte. Con estas premisas a obra non pode profundizar moito na psicoloxía dos personaxes principais nin deterse para crear un ambiente máis detallado, como soe ocurrir na novela editada normalmente e como a mesma autora fai noutras obras. Atraer ó lector Pero estas limitacións resólveas moi ben Marilar Aleixandre que, con estas cortapisas, ofrécenos unha novela con todas as ventaxas para atraer ó lector: unha lenguaxe áxil, directa e fácilmente comprensible; uns personaxes coma todos nós, sacados da vida diaria; unha intriga que fai que o lector sexa capaz de descubrir ó asasiño antes ca detective, xa que no fondo Ana, engaiolada por aquel, resístese a crer que poida ser o culpable. Intriga, xogos de inxenio, intento de agudizar a intelixencia do lector-cómplice no descubremento do asasiño, son algúns dos elementos propios do xénero policiaco -Conan Doyle, Simenon ou Ágatha Christie, son bos referentes- que a autora domina e emprega nesta boa novela.