O Apóstolo

La Voz

TELEVISIÓN

24 jul 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

«Reporteros», Este espacio nas noticias que presenta Ángels Barceló en Telecinco abordou as estafas ós turistas. XA é un clásico do directo cada 25 de xullo. A TVG darao como Ofrenda ó Apóstolo Santiago e La 2 como Festividad del Apóstol Santiago, ambas desde a Catedral de Compostela na mediamañá. A autonómica por ser no Día de Galicia e a segunda por atribuir a Santiago a súa vella condición de «patrón de las Españas», calificativo quizáis un chisquiño trasnoitada. En todo caso un magnífico espectáculo que supón unha boa promoción para a cidade e para o país, que iso nunca sobra. Moito se ten polemizado a propósito de limitar unha data como a de hoxe á cuestión estrictamente relixiosa, que reduce os matices civiles á lectura da Ofrenda, na que o protocolo obriga á autoridade elexida a facer un discurso con beintencionadas rogativas ó Apóstolo. Sabido é que a condición da festividade está sometida a un criterio dispar por parte das forzas políticas. Para unhas está ben como Día de Galicia mentres outras prefírena como Día da Patria, e para ben da normalidade social ambas respectanse sen interfererirse. Onde soe estar o cabalo de batalla é na diferente repercusión que ambos feitos acadan nos informativos da televisión. A tradición na etapa democrática (aínda que as concentracións en Compostela viñan de algún tempo atrás) era que mentres na Catedral oficiaban, nas rúas reivindicaban. Mesmo por veces eran máis estes últimos que os outros. Pero na televisión, contrariamente ó medio prensa, máis ecuánime en canto a reparto de espacios, sempre primou o acto oficial, esquecendo olímpicamente o alternativo. A ver como enfocan a cousa este ano.