CANDO TI VOLVAS POLO MARE...

La Voz

TELEVISIÓN

14 jul 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

«Durante la séptima noche del año naciente -vértebra dorsal del siglo- han debido doblar a muerto las campanas de todas las iglesias de Galicia. Campanas marineras de Rianxo. Graves campanas de Compostela. Líricas campanas de Bastavales, de Anllóns... Sólo el llanto unánime de las torres románicas, lágrimas de bronce sobre la faz de piedra, habría expresado con digno acorde y proporcionado acento, en esta ocasión el dolor de la tierra». Morte de Castelao Con estas palabras comeza o artigo Castelao, el hombre y el artista, que sete días despois da morte de Castelao, o 14 de xaneiro de 1950, publica Valentín Paz-Andrade no xornal La Noche de Santiago. Aínda sabendo os problemas que a publicación deste artigo ía crear, Valentín tiña que expresar a fonda dor que toda Galicia, a Terra Nai, sentía polo que acababa de perder. Era unha obriga para co «seu irmán maior», como el adoitaba chamarlle, e o mesmo sentir que aquí transmite vai elaboralo poéticamente uns anos máis tarde, no 54, cando escriba o Pranto Matricial. Elexía Aínda que Paz-Andrade compón poemas dende a mocedade, é a morte de Castelao a que o impulsa a publicar esta elexía. Dada a fonda amizade que o unía co «mestre», o poeta tiña boas razóns pra chorar a morte do amigo, pero o amigo era Castelao e morrera moi lonxe, no exilio; así, o pranto íntimo, persoal, vai tranformarse nun sentir común, «o que todo galego choraría». Mais ao fin, a dor vai transformarse en ledicia e o pranto nun canto esperanzado no regreso: «Na matricial Galiza, sempre túa / que dend-a Torre d'Hércules ao Miño / un facho acenderá por cada illa / canto ti volvas pol-o mare...» CHARO PORTELA YÁÑEZ, responsable do Instituto Galego de Información