A Sinfónica de Galicia actuou baixo a dirección de Honeck

La Voz

TELEVISIÓN

11 jul 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

O Festival Internacional de Música contou onte coa actuación da Orquestra Sinfónica de Galicia, baixo a dirección do austríaco Manfred Honeck e co violinista solista Mikhail Ovrustsky. O programa abriuse cunha peza de compositor galego, Impresión nocturna , de Andrés Gaos, e continuou con obras de Tschaikowsky e Dvorak. Para hoxe, está prevista a actuación dun cuarteto irlandés, The Rté Vanbrugh Quartet. O concerto será ás 21.00 horas no Teatro Principal de Santiago. A mesma formación repetirá actuación mañá en Lugo, no Círculo de las Artes, á mesma hora.