O RECREO DE RAÚL

La Voz

TELEVISIÓN

O primeiro que farei ó chegar ó choio, será decirlle ó meu director que de once da mañá a unha da tarde, voume a ver o Paraguay-España. Vaime decir: ¿Ti toleache? E eu respostareille se seica non escoitou o que soltou o outro día o Raúl do Madrid. O líder da selección dixo que agardaba a que os empresarios españois deran ós seus traballadores recreo (O Neno, non hai tanto que deixou o bacharelato...) para ver o partido. Ou podo decirlle que copie do señor alcalde de Negreira, que sacou un decreto concedendo permiso ós funcionarios do Concello para que vaian ó bar a animar ós de Camacho. Como ten que ser, que un Mundial é cada catro anos, e se ó final traemos a Copa, esto vai a ser a Ostia (fermosa cidade onde o mítico Tiber italiano da co mar). E que non se pode aturar que o tal Chilavert veña a tocarnos a moral, ho. Que si somos uns paquetes, que si o Casillas canta coma un xílgaro, que si o Hierro e o Nadal son uns xubilados... E por se non bastara, asoma o tal Toro Acuña e insiste en que o noso porteiro vainas pasar mouradas por mor dos seus cabeceadores. A estes de Paraguay imos darlle nas canelas, que xa estaremos todos a unha, berrando diante do televisor e apelando á maxia catódica para que a nosa enerxía chegue a Corea. Mekgoental, se hoxe non chimpamos ó Chilavert e a toda a súa tropa, o recreo de Raúl quedará nunha trapallada e na vila de Negreira, os funcionarios municipais sentiránse un chisco voados. E terei que darlle a razón ó meu director: estou tolo. redac@lavoz.es