«É unha historia de sentimentos»

CAMILO FRANCO VILAGARCÍA

TELEVISIÓN

MEJUTO

Ramón Caride, escritor «Soños eléctricos» foi en moitos sentidos un debut para Ramón Caride Ogando. Nese ano 1992, tiña Caride unha carreira como escritor de relatos que seguira a outra como poeta. Pero nese ano 92, olímpico por outros motivos, Caride escribe unha novela, preséntase ó premio Blanco Amor e gaña. Foi así como o escritor de Cea afincado en Cambados, biólogo de estudios e docente de profesión deu un salto para converterse nun escritor de fondo. «Soños eléctricos» tivo máis sorte no seu momento entre os lectores que entre a crítica, quizais porque foi unha historia que utilizaba o xénero da ciencia ficción como fondo dos seus personaxes.

19 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Ese ano no que estaba previstos todos os prodixios, o 92, pertence agora ó século pasado, pero o premio Blanco Amor sorprendeu cunha novela de ciencia ficción, cunha sociedade altamente clásica, Soños eléctricos. -Van alá dez anos. Unha opinión con perspectiva sobre a novela. -Non volvín a lela. Supoño que se a lese agora levaría algunha sorpresa. Non é que non me apeteza, pero cando estás escribindo cousas novas, non miras o que fixeches antes. Creo que é unha novela moi coherente co que pensaba naquel momento. Ten un toque moi emotivo, moi de sentimentos. Por moito que teña a ambientación futurista, é unha historia de sentimentos. Creo que por esa vía emotiva é por onde conecta co lector. Hai que dicir que ten o andacio ese de ser unha obra de fantasía científica ou de ciencia ficción, o que fixo que moita xente refugara dela nun primeiro momento. -¿E por que a ciencia ficción para unha historia sentimental? -Supoño que me saíu así. Gustábame ese escenario. De feito escribín logo unha historia similar, de vinganza e amor, Sarou e está ambientada na ría de Arousa. Tamén porque me gusta variar de rexistro e, agás o caso da serie de Said e Sheila non volvín tocar a ciencia ficción. Quen pensou que quería entrar no xénero e acampar nel, equivocouse. Agora escribín unha novela ambientada nos anos trinta na Arxentina. Pero é porque me gusta variar os rexistros.