Manuel Rivas busca a realidade na súa nova novela «As chamadas perdidas»

C.P. SANTIAGO

TELEVISIÓN

sandra alonso

O escritor presentou en Compostela o último libro con música de fado 1A esperanza percorre o último libro de Manuel Rivas (A Coruña, 1957). «As chamadas perdidas», editado por Xerais, foi presentado polo autor en Compostela, nun acto que fundiu a lectura dalgúns dos seus textos cos fados que cantou desde o mesmo escenario Iria Peña, acompañada a guitarra por Miguel Ladrón de Guevara e Gastón Rodríguez. O libro contén 24 relatos «cheos de realismo interior», «tecidos como un farrapo portugués» e co inconfundible «selo Rivas», como suliñou o editor, Manuel Bragado.

14 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

O auditorio da Aula de Cultura de Caixa Galicia en Compostela encheuse de público onte polo serán para un acto literario-musical no que Manuel Rivas leu algúns dos textos deste libro cheo de recordos «que non son pasado», de contos nos que o escritor coruñes «refuga a convención máxica» para reclamar a realidade tanxible e que non aflora a primeira ollada. Manuel Bragado non escatimou eloxios para este último libro do autor, entre outras moitas obras, da novela O lápis do carpinteiro , da que o editor recordou o éxito que está nos dous últimos países nos que se publicou a traducción, Canadá e os Estados Unidos. Neste último país, unha columnista do xonal Washintong Post comparou a Rivas con Proust, con García Lorca e con Pablo Neruda. A música ten unha presencia importante neste fato de contos, sobre todo os boleros e o jazz. E tamén, como suliñou Manuel Bragado, o boxeo como símbolo da loita persoal contra a tristeza. Daí que sobre o escenario da Aula de Cultura de Caixa Galicia, unha pantalla proxectara imaxes durante o acto no que se presentou a novela As chamadas perdidas, que leva un marcador de agasallo que reproduce o código internacional de claves marítimas.