Unha das intencións de Francisco Taxes cando escribiu O velorio era que houbese unha proximidade moi grande entre os personaxes e a xente da rúa. O dramaturgo explica que «tódoslos personaxes teñen un referente real; non se trata de que sexan exactamente igual que alguén, pero si que había cousas que eu tiraba duns e tiraba doutros ata ter o personaxe». Tamén lembara que «mirei moito para a xente de Camariñas porque daquela eu andaba moito por alí; eu falaba con eles e os miraba e collía algunha frase que dicía un ou algunhas maneiras de responder e ía compoñendo os personaxes». De tódolos xeitos, apunta que esta maneira de actuar súa non foi só para esta obra de teatro senón que «é un comportamento que sempre teño, busco sempre un referente real, tanto para o teatro como para escribir artigos para a prensa. ¿E ese pode ser un dos argumentos para que os espectadores respondesen tan ben á obra. ¿Eu non sei exactamente por qué. Non sei por qué a xente ía ver O velorio; non era por falta de teatro que na Coruña víanse bastante, e de autores bos. Ían a ver O velorio igual ou sexa que algo tiña porque se non a xente non iría. Quizais fose eso de que os personaxes eran moi reais e o público víase alí e lles parecía unha obra divertida. ¿Pero esta, «O velorio», non foi a súa primeira obra teatral ¿non? ¿Eu fixera dúas obras en castelán para ver se me representaban en Madrid. Pero alguén que as viu díxome que aquelo era mellor esquecelo. Así que eu tiña a idea de O velorio e deille voltas e púxenme a escribir. Daquela eu privaba bastante, facía a miña ronda das tascas e logo ía para casa, sentábame a escribir e saíame de puta madre. ¿A vostede agora non se lle ve moito no mundo teatral galego. ¿Non quere ou a circunstancia mudou? ¿Non quero estar. A min abúrreme bastante falar de teatro. Sigo algo o teatro e creo que o mellor autor galego é Roberto Vidal Bolaño, coas súas cousas, claro.