Mercedes Peón, músico
04 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Leva quince anos dedicada á música galega. Mercedes Peón recorre vilas e aldeas na procura de melodías e versos que corren o risco de extinguirse ó morrer unha xeración. No seu primeiro disco, Isué, casa esa tradición cunha visión moderna de música, do mundo e de Galicia. ¿¿Que vai facer o día 17? ¿Vou estar na casa compoñendo. Reunireime con xente, amigos, e estaremos tocando e facendo cancións. E na mesma semana irei a algún colexio a dar unha charla ós cativos. Pero quero dicir que creo que o Día das Letras Galegas debe celebrarse tódolos días do ano. ¿¿Que libro vai regalar? ¿A galiña azul, de Carlos Casares, polo amor que ten á terra e por como era como persoa o seu autor. ¿¿Que libro lle gustaría ter como agasallo? ¿Pois como aínda non o lin, gustaríame como regalo a última novela de Suso de Toro, Trece badaladas. ¿¿Que idea aportaría para darlle un novo pulo á celebración do Día das Letras? ¿Como dixen antes, hai que celebralo tódolos días do ano, pero o 17 de maio ten que coller peso. A miña proposta é que sexa un día lúdico total, e que involucre a tódalas artes: que o teatro saia á rúa, que os músicos saïamos á rúa, e que haxa actividades todo o día e ata a noite. E, por suposto, que os libros tamén estean na rúa. Vivimos nun mundo de globalización que fai que estas celebracións queden baleiras. Pero insisto: tódalas artes teñen que participar na celebración do Día das Letras Galegas e facer do 17 de maio un día verdadeiramente grande.