«Regalarei un libro sobre Sarmiento»

La Voz

TELEVISIÓN

Manuel Fraga Iribarne, presidente da Xunta

30 abr 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

¿¿Que vai facer o día 17? ¿Ó tratarse dun día festivo, disporei de máis tempo para un dos meus praceres favoritos: a lectura. Tamén participarei en compromisos oficiais, como o acto de entrega do Premio das Letras e das Artes de Galicia. ¿¿Que libro vai regalar? ¿Como non podería ser doutro xeito, trátase dun pequeno volume editado pola Xunta sobre a vida e obra de Frei Martín Sarmiento. Pero podería regalar tamén calquera obra sobre Sarmiento ¿como o magnífico traballo que o chorado Carlos Casares nos deixou sobre este persoeiro¿, ou doutro contido ou estilo literario. ¿¿Con que libro lle gustaría ser agasallado? ¿Parte do encanto dos regalos reside, precisamente, no factor sorpresa. Non adoito solicitar tal ou cal cousa. Un libro é sempre un bo agasallo. Persolmente, son un gran devorador de ensaios, aínda que tampouco rexeito outros xéneros. ¿¿Que suxerencia faría para contribuír a unha maior popularización do Día? ¿Cónstame que no ámbito educativo se están a facer grandes esforzos para divulga-lo significado desta celebración e para dar a coñece-lo legado dos persoeiros que se honran en cada nova edición do Día das Letras Galegas. Agora que o 17 de maio é festivo, non estaría de máis que na casa, de portas a dentro, se dedicara alomenos unha parte desa xornada a honrar ás nosas letras. ¡Non será por falta de material de calidade!