O motor segue sendo a defensa da pluralidade

La Voz

TELEVISIÓN

27 abr 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Este ano, despois de vintecatro seguidos celebrando a Cea das Letras Galegas no Hotel Samil, rómpese a tradición e o acto trasladarase ó teatro do Centro Cultural Caixanova. O discurso inaugural do presidente, Xosé González Martínez, abrirá a cerimonia que seguirá coa proxección dun audiovisual conmemorativo e restrospectivo dos 25 anos da Fundación que foi realizado polo centro rexional de Televisión Española. Tra-la lectura da acta dos xurados, o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Fernández, fará a louva do Galego Egrexio desta edición que é Carlos Casares. Xosé Filgueira Valverde, Francisco Fernández del Riego, Daniel Garcia Ramos, Andrés Torres Queiruga, Basilio Losada Castro, Isaac Díaz Pardo, Olegario Sotelo Blanco e Milladoiro, foron algúns dos merecedores deste avaliado recoñecemento. A defensa da pluralidade ideolóxica foi e seguirá sendo o motor da integración que propicia a Fundación. A selección dos xurados que elixen os premiados obedece a criterios de representación territorial, xeracional, ideolóxica e de capacitación e compotencia na materia que van xulgar. Por esta razón a configuración de tódolos xurados ó longo destes 25 anos abranxe máis de seiscentas persoas.