A editorial pontevedresa Kalandraka vive estes días unhas xornadas de moito traballo. Coincidindo co Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, recupera un clásico do xénero, Un pesadelo no meu armario , do norteamericano Mercer Mayer, que apareceu orixinariamente en 1968 e que non estaba traducido ó galego. Pero Kalandraka tamén celebra o seu cuarto aniversario e abre unha nova colección chamada Tiramillas. Está destinada a maiores de 12 anos e se estrea con A viaxe de Cora , de Meike Hinrichs, e Gracias a Winn Dixie , de Kate Di Camillo. Nesta semana, a editorial abre unha delegación en Madrid, cunha presentación con contacontos no Círculo de Bellas Artes da capital, e na vindeira, recollerá o premio que recibiu a obra Máquinas polo Ministerio de Cultura como un dos libros mellor editados do ano pasado.