«A embaixada do vinagre», obra gañadora do premio Risco

XOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ OURENSE

TELEVISIÓN

O autor é o escritor Xosé Luís Martínez Pereiro O escritor Xosé Luís Martínez Pereiro acadou onte o premio Vicente Risco de Literatura Fantástica coa súa obra «A ambaixada do vinagre». O xurado eloxiou a «grande habilidade narrativa, a gracia, o humor e a ironía» da obra presentada polo coruñés Martínez Pereiro. Este é o quinto libro deste escritor que explicou que levaba dous anos traballando neste libro xa que «era un reto condensar a narración», facendo historias que ás veces non pasan das 36 palabras, e incluindo máis de cen personaxes «históricos e inventados».

23 mar 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

O xurado do premio Risco, promovido polo Concello de Ourense, a Fundación Risco e a editorial Sotelo Blanco, estivo composto por Anxo Tarrío, Arturo Lezcano, Xabier López ¿gañador da pasada edición¿, Armando Requeixo ¿en representación de Sotelo Blanco¿ e Darío Villanueva ¿que remitiu o seu voto por escrito ó non poder asistir a xuntanza¿ e Aurelio Gómez Villar, concelleiro de Cultura de Ourense, actuou como secretario. Anxo Tarrío salientou a calidade «da colección de narracións breves presentado baixo o lema Calogrenante , dotadas dunha grande habilidade narrativa e unha ironía moi fresca». Para o xurado A ambaixada do vinagre asociase coas antigas coleccións de «facecias, ese curioso xénero de narraccións de moi variado estilo que estivo de moda na baixa Idade Media» e que entronca «coa obra de Cunqueiro ou Xavier Lama, aínda que polo de agora non había un exemplo claro neste estilo». Martínez Pereiro (A Coruña, 1959) ten unha ampla producción de obras para teatro e experiencia en revistas e publicacións vencelladas co humor gráfico.