«Coñecín a meu pai ós 13 anos»

La Voz

TELEVISIÓN

06 mar 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

Gonzalo Rodríguez Mourullo doutorouse e ampliou de Dereito Penal e Criminoloxía en Roma e Froburgo, despois dunha intensa actividade literaria nos seus anos mozos. Con só 19 anos recibiu o Premio Ánxel Casal de contos do Centro Galego de Bos Aires cando e dous anos despois o de narracións das Festas Minervais compostlás. Ademais, desde moi novo escribiu relatos curtos, algúns dos cales apareceron publicados na revista Vamos , do colexio Minerva de Compostela. A actividade literaria de Rodríguez Mourullo tamén se extendeu a colaboracións en prensa , no xornal La Noche . Dentro da súa contribución á literatura galega, está a obra que publicou en 1954 Nasce un árbore , unha obra que para ós críticos figura como un refente do movemento da Nova Narrativa Galega aínda que deste libro nunca se fixo unha reedición. Agora, Rodríguez Mourullo asegura que tivo unha infancia moi dura e o certo é que cando abre un pouquiño a ventá do pasado a paisaxe que pode verse confirma as súas afirmacións. O seu pai, José Rodríguez Vázquez era mestre e militante do Partido Galeguista desde 1932. Cando empezou a Guerra Civil en España tamén empezaron os problemas para a familia dos Mourullo. ¿ O seu pai foi alcalde do Concello de Teo, ¿non? ¿ Foi o primeiro alcalde republicano, da Segunda República, de Teo. Estivo no exilio e en prisión. A el non, pero, por desgracia, a outras persoas que estaban con el as fusilaron. ¿¿Que fixo seu pai? ¿ Estivo exiliado en Portugal e en Arxentina. Volveu en 1947. Coñecín a meu pai ós 13 anos. Iso marcou moito a miña infancia. ¿¿É posible deixar atrás esas cousas? ¿ Son etapas que se van superando, aínda que non se esquecen. Aquilo foi durísimo. ¿¿Que relación mantén con Galicia? ¿ Procuro seguir o acontecer de Galicia, o que se vai publicando e trato de ler o máis posible. Manteño eses amigos de toda a vida, dos tempos de estudiante que, aínda que ás veces non nos vemos moito, son desas amizades que se manteñen sempre vivas.