GALICIA
22 feb 2002 . Actualizado a las 06:00 h.O presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro Fernández, entende que o documento «elaborado baixo o paraugas da Unesco, non parece nada serio». Argumenta esta afirmación indicando que «é sospeitoso que ningún dos tres organismos que traballamos en defensa da lingua, a Academia, o Consello da Cultura Galega e o Ilga (Instituto da Lingua Galega) non fomos consultados». Ademáis, «tampouco temos noticias de que se fixera un traballo de campo, polo que parece un informe de despacho por xente non moi competente e que non é filóloga». Barreiro Fernández entende que o feito de que no informe se poña o galego ó mesmo nivel que o aragonés é que fale dunha escolarización do trinta por cento cando «está escolarizados o cen por cen dos rapaces» amosa que «é un traballo pouco serio».