PRÓXIMA ENTREGA, O XOVES
14 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.Está considerada como a mellor novela galega do século vinte. É A esmorga, de Eduardo Blanco Amor, e o vindeiro xoves será entregada por La Voz de Galicia, ó prezo dun euro máis o custe do xornal. É un novo tomo da colección da Biblioteca Galega 120. «Non señor, non lle foi como está nise papel que leron, que os papeis teñen conta do que lle poñen enriba, anque non foi moito o que entendín. Eiquí, o siñor, bulía moito a ler, e a máis diso non estamos moi afeitos a ouvir ler en castelán, que eiquí non o falamos; e cando un que non sexa señorito se bota a falalo, decímoslle que fala castrapo...». Así comenza Eduardo Blanco Amor a súa historia, aínda que despois de escribir unha explicación de como foi recollendo os datos e transmitindo o lector as dúbidas que él mismo ten do acontecido en realidade. Entre as dúbidas están as dun xastre que contaba os feitos «dunhas vinte ou trinta maneiras, asegún o humor que o acometese no seu desenrolo; pro decote cun entusiasmo tan persoal e afervoado coma si en troques de ser contemporao, sinxelo contemporao coma tantos outros que facía xa meio século -pois no meu pobo a xente vive con teima inacabábel- asistiran os sucesos, tivese sido un dos principais protagonistas». A esmorga marcou un fito na narrativa galega da postguerra.