MÍSTICA DIARIA

La Voz

TELEVISIÓN

CAMILO FRANCO A RESERVA INDIA

30 nov 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

Mentres decido en que normativa debería escribir, decátome de que o século XX deixou moitas guerras e poucas paces. Algunhas das paces que deixou teñen que ver cos Beatles e con esa inusual historia de facer o amor en contra da guerra. Se as cousas nas que cría George Harrison son certas, o guitarrista ha seguir entre nós en calquera outro estado, ademais do musical. O músico demostrou algunhas virtudes, foi capaz de ser Beatle e discreto a un tempo. Foi compositor no mesmo grupo que Lennon & McCartney e conseguíu que o seu talento e o seu ego sobrevivisen. Pero, ademais, foi un instrumentista máis que aceptable. Un guitarra solista preocupado máis da sonoridade que da técnica. Tamén foi un compositor sublime: capaz de poñer en relación as cousas de a diario coa mística, While my guitar gently weeps, por exempro. Cousas sinxelas interpretadas como se tivesen importancia decisiva. Todo hai que decilo, a vida tratouno ben porque el puído dicir: fun un Beatle. Agora só dúas personas no mundo poden dicilo e non mentir.