Recta final da nova normativa do galego

Xesús Fraga
X. FRAGA A CORUÑA

TELEVISIÓN

Del Riego apunta que o feito de que non se fan modificacións profundas e que se dan «solucións optativas» facilitará a aprobación O presidente da Real Academia Galega, Francisco Fernández del Riego, apunta que aínda non leu con detemento a proposta da no normativa do galego, pero, en todo caso, o seu voto «é un máis dos 27 académicos».

21 oct 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Polo que coñece da proposta de unificación, Del Riego cre que «non fai modificacións profundas» e da «solucións optativas». Estas circunstancias poderían facilitar a súa aprobación, na xuntanza dos académicos que terá lugar o vindeiro sábado. O presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Miguel Anxo Fernán-Vello, congratulouse da nova de que se vaia debater unha proposta de unificación normativa para o galego. Miguel Anxo Fernán-Vello valora a unificación como autor e editor, e cre que os expertos que prepararon a proposta de modificación da norma actual son os maiores especialistas de Galicia. En canto á Asociación de Escritores en Lingua Galega, Fernán-Vello indicou que sempre foi neutral nesta cuestión, xa que na entidade hai socios con «diferentes sensibilidades», pero sempre avogou pola concordia, polo que se saúda «con absoluta alegría» unha decisión «que vai favorecer á propia cultura». Pola súa banda, Francisco Fernández del Riego se define como optimista con respecto ó futuro do galego. Argumenta que «sempre loitamos cos pesimistas. Cando veu o ferrocarril, dicían que o galego desaparecería porque nos invadiría o castelán». Del Riego cre que se o galego perviviu no franquismo, agora aínda ten máis motivos para sentirse optimista, e que feitos como que o galego pasase das aldeas ás cidades, reforzan a súa opinión. Del Riego fai balance Fernández del Riego lembra que el deixará a presidencia da Real Academia Galega no mes de novembro, xa que se cumpre o seu tempo de mandato. Dos seus catro anos á fronte da institución, fai un balance que da un «saldo positivo», Del Riego suliña como tarefas importantes deste período o traballo feito no rexistro dos fondos arquivísticos da Real Academia Galega, a incorporación de novos académicos, a maior presencia feminina na Academia (duplicarase unha vez que Xoana Torres e Rosario Álvarez Blanco lean os seus discursos de ingreso) e a renovación dos estatutos da entidade, xa que os existentes databan de 1906. Como asignaturas pendentes, Del Riego apunta á consecución dun novo local como sede da Academia, «que non tería porque ser nun edificio histórico, senón que podería ter carácter funcional», explica.