Un galego na corte de Trujillo

La Voz

TELEVISIÓN

No exilio tamén houbo garavanzos negros. José Almoina, funcionario de correos lucense, foi secretario particular de Leónidas Trujillo, o dictador da República Dominicana. Almoina é o suposto autor de dous libros asinados pola muller de Trujillo, e do seu dominio e colaboración co rexime deu conta nun libro publicado en México en 1950, un ano despois que editoar outro, co pseudónimo de Bustamante, no que se amosaba en contra do réxime. Esta historia contouno onte nunha comunicación presentada o congreso sobre o exilio Afonso Pena Barreira.