Borrazás gaña o Losada Diéguez

SUSANA PÉREZ O CARBALLIÑO

TELEVISIÓN

ANA VARELA

O autor de «Na maleta» e o investigador José Carlos Bermejo, galardoados na XVI edición do certame Xurxo Borrazás alzouse onte co premio Antón Losada Diéguez, pola súa novela «Na maleta» (Sotelo Blanco). O xurado do galardón, que entregan os concellos de O Carballiño e Boborás en honra ó galeguista, destacou «a corrección lingüística e o manexo dos códigos da fantasía», para outorgar ó carballés o primeiro premio, entre 23 obras máis.

21 abr 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Na modalidade de investigación do premio Losada Diéguez, o galardón recaeu no traballo de José Carlos Bermejo Pensa-la historia, pola súa «versión renovadora de Galicia». Os membros do xurado, que elixiron os dous gañadores por unanimidade, destacaron «a alta calidade» dos 51 traballos presentados na decimosexta edición dos premios. Nesta ocasión os participantes foron menos que en anteriores edicións, cincuenta e un, dos que 24 eran da modalidade de creación literaria e 27 da de investigación. Os traballos presentáronos, na súa maioría, editoriais galegas, servicios de publicación e fundacións. Suso de Toro, María Xosé Queizán, Manuel Rivas ou Xosé Carlos Caneiro -en novela- e Henrique Monteagudo, Íñigo Echenique ou Rosa Brañas -con traballos de investigación- optaban tamén os premios nesta decimosexta edición. O fallo foi dado a coñecer onte, despois de dúas horas de deliberación, aínda que os premios non se entregarán ata o vindeiro 9 de xuño. O galardón está dotado con medio millón de pesetas para cada modalidade, e organizado polos concellos ourensáns de O Carballiño e Boborás, en recoñecemento á figura do intelectual galeguista Antón Losada Diéguez. O xurado estivo composto por membros da Academia Galega, das universidades e dos concellos organizadores e a Deputación de Ourense.