XESÚS FRAGAENTREVISTAPablo Marín, autor de «Camiños sen fin» Orixinalmente escrita en asturiano e gañadora do premio Abril de literatura para xóvenes, Camiños sen fin vén de ser traducida ó galego e publicada por Galaxia. Pablo Antón Marín Estrada (Sama de Langreo, 1966) recrea nesta novela de iniciación a fascinación que esperta o mar.
07 dic 2000 . Actualizado a las 06:00 h.-¿Segue a ser un mundo épico o dos mariñeiros? -Si é épico para o protagonista. O mar ábrelle un camiño de destino incerto, cheo de vida e emoción. Como tema, o mar segue sendo unha metáfora da aventura, da propia vida. -¿É unha novela de iniciación porque é para rapaces? -Cando a escribín non pensaba neses lectores. Os clásicos para esas idades son da literatura anglosaxona do XIX, que tamén son de iniciación, como A illa do tesouro. Non me atrae un tipo de libro xuvenil con historias urbanas, que se parecen ós lectores potenciais e se moven no politicamente correcto. -¿Como ve a saúde das linguas `minoritarias''? -Nos últimos anos decaeu, despois dun tempo de interese. No caso do asturiano, perdeuse a oportunidade do recoñecemento oficial, e só hai a ambigüedade dunha lei de uso por desenrolar.