Reixa rodará en prisións galegas a novela de Rivas

RODRI GARCÍA A CORUÑA

TELEVISIÓN

Morena Films e TVG sumanse á producción da película «O lapis do carpinteiro» Libro, teatro e cine. Manuel Rivas atopou un lápiz máxico co que primeiro pintou a historia de «O lapis do carpinteiro» (Xerais). Leva vendidos 50.000 exemplares e vai pola 13 edición. Logo, o lapis empezou a viaxar polos escenarios da man de Sarabela Teatro. O recorrido sigue con éxito. Agora pasará o cine, baixo a dirección de Antón Reixa, que rodará parte do filme nos cárceres galegos.

24 nov 2000 . Actualizado a las 06:00 h.

A productora galega Portozás Visión e a española Morena Films veñen de asinar o acordo de coproducción para levar ó cine a obra de Manuel Rivas O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas. Morena non é a última firma en sumarse o proxecto, xa que está previsto que a coproducción se amplíe a productoras de Francia, Portugal e Reino Unido. Actualmente, Antón Reixa e Xosé Morais ultiman o guión da película, mentras están a comeza-los traballos de casting e búsqueda de localizacións, fundamentalmente os cárceres onde sucede a meirande parte da acción da novela. Está previsto que a rodaxe de O lapis do carpinteiro se inicie en maio do 2001 e que teña lugar principalmente, nas cidades de A Coruña e Santiago de Compostela, ademais de outras localidades das provincias de A Coruña e Pontevedra. Maioritariamente galegos A cinta contará cun equipo de actores e técnicos maioritariamente galegos e supón o debut de Antón Reixa na dirección cinematográfica, despois de ter dirixido teleseries como Mareas Vivas e Galicia exprés. Portozás Visión e Morena financiarán conxuntamente esta película aínda que non se descarta a participación de novos socios. Da captación dos mesmos estase responsabilizando a productora galega. Televisión de Galicia manifestou xa o seu interese na producción do filme a través dunha aportación para o desenvolvemento do proxecto. TVG e Portozás Visión coproduciron xa a longametraxe Lena. Entre as últimas produccións de Morena Films están as longametraxes Punto de Mira, do galés Karl Francis, Inferno, do portugués Joaquim Leitao; Gente Pez de Jorge Iglesias e Canícula de García Capelo,así como os programas de Antena 3 Trip e El rayo.