O centro Ramón Piñeiro, dependente da Consellería de Educación, leva a cabo un labor intenso de investigación no ámbito das humanidades. «Estamos a facer unha ampla escolma de textos de Ramón Piñeiro», apuntou Luís Alonso, secretario do centro.
24 sep 2000 . Actualizado a las 07:00 h.Un grupo de filólogos, dirixido por Mercedes Brea, traballa nun extenso estudio sobre a literatura medieval, que abarca a prosa documental e literaria, así como a lírica profana e as cantigas de santa María. Outro grupo de traballo elabora o Informe Anual de Literatura, que rexistra a panorámica actual e a repercusión na prensa das distintas obras publicadas nesta comunidade. Os campos de investigación son numerosos. «Nestes intres, estáse traballando na recuperación de material da prensa galega de Cuba», indicou Luís Alonso. Un equipo dirixido polo profesor Guillermo Rojo porá en marcha un traductor informático de castelán-galego. A construcción deste aparello trouxo algúns problemas, que se explican polo feito de que «as máquinas non entenden de lingua», segundo indica Inés Diz, filóloga que participa neste proxecto. As traduccións que consegue o invento parten dunha análise sintáctica e semántica da frase.