La Voz presentou na sede da Real Academia o libro co que agasalla hoxe ós lectores Chega e vaise ó curruncho. Alí, na esquina, séntese cómodo, cos ollos moi abertos, para non perderse nada. Díaz Pardo é dos primeiros invitados en chegar á Real Academia Galega, canda Joaquín Arias, vicepresidente da Fundación Barrié. Xosé Manuel Beiras intenta arranxar un problema de infraestructura (doméstica, non de accesos a Galicia) pero «aquí os móbiles non funcionan».
17 may 2000 . Actualizado a las 07:00 h.Os primeiros invitados en chegar, moi disciplinados, recollen cadanseu exemplar de Murguía e La Voz de Galicia e logo van ocupando os seus asentos. Díaz Pardo atrae ó curruncho ós políticos e Touriño, Beiras e Tuco Cerviño, entre outros, van saudando ó patriarca de Sargadelos.Primeiro a música de Bach e despois a de Vivaldi serven de fondo ós saúdos, abrazos e apretóns de mans dos que van chegando. A profesión une e por iso o fiscal-xefe, Ramón García-Malvar, conversa con José Cora, Valedor do Pobo, e Jesús Souto, presidente do Tribunal Superior.Carlos Casares aproveita os minutos para asinar uns papeis, recoller un vídeo e saudar a uns e outros asistentes.Os académicos, como están na súa casa, chegaron antes, subiron á segunda planta e baixan xuntos ó salón de sesións.O presidente, Fernández del Riego, o director de La Voz de Galicia, Ernesto Sánchez Pombo, e Tucho Calvo, responsable da edición do libro Murguía e La Voz de Galicia, agardan un momento, antes de ocupar a mesa presidencial.