Crítica de cine: «Antes de nós»

MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ, Álvaro Veleiro

SOCIEDAD

.

24 may 2025 . Actualizado a las 22:03 h.

.

«Antes de nós»

En Castelao conviven varios personaxes, o máis coñecido o político e despois o artista. Antes de nós céntrase no seu período en Rianxo, cando a gripe do 18, exercendo a medicina mentres xa estaba recoñecido como debuxante e pintor, e andaba a voltas coa súa teima polos cruceiros que finalmente o levaría á Bretaña. Estaba a forxarse un mito. Un tempo pouco abordado para os profanos, que pon en valor o filme alén de que puidera agardarse outro biopic arredor dun persoeiro que xa é unha icona de país. Non se pode obviar o factor risco, que non é menor de cara á pantalla grande, xa que este tipo de recreación histórica sitúase moi á marxe da banalización dun mercado moi escorado a o produto teen e o enredo lixeiro nos lindes da sitcom.

É pois unha proposta que apela tamén á complicidade do espectador comprometido que bota a faltar convites orientados á recuperación da memoria sen por iso renunciar á lexítima aspiración do entretemento xogando cos variados recursos do drama, ao que se engade un notable coidado na ambientación, reforzada pola luz que manexa Lucía C. Pan á fronte da fotografía. A directora Ángeles Huerta, iniciada co documental Esquece Monelos (2016), estreouse na ficción con O corpo aberto (2022), na que mesturaba marco histórico cunhas pingas de fantástico, ao que aquí renuncia.

Cun tratamento de ambientes sen tacha, con Xoán Fórneas ben calzado no protagonista e ben secundado polo reparto principal —en particular, o rexistro do canteiro Nancho Novo—, a película suma outra virtude ao sortear a tentación do didactismo excesivo. Na Galicia dos anos 20 a situación política era a que era, máis acentuada na periferia, onde o caciquismo impuña a súa lei. Cóidase ben de non cargar estas tintas para compensar o lenzo fílmico coa relación de Castelao e a súa dona Virxinia, vestida por Cristina Iglesias. Entra sen abafar o acompañamento musical de Sofia Oriana Infante e de cando en vez, Pan agasállanos con planos dunha rara fermosura que evita o esteticismo per se. A fascinación do intelectual polos cruceiros e o seu simbolismo é redondea felizmente o retrato.

.

«Final destination: Bloodlines»

Catorce años después, regresa la saga Destino Final con una entrega que no pretende reinventar la rueda del horror pero sí aplicarle una capa de pintura fresca..., obviamente con sangre. Y aunque nadie esperaba que sacara un conejo del sombrero, sí logra revitalizar una fórmula que, siendo conocida, sigue funcionando como un buen susto en plena noche.

La cinta arranca con el mejor prólogo de la franquicia: una secuencia larga, tensa, brutal y creativa que recuerda por qué seguimos viendo sobre una pantalla cómo la Parca se pone ingeniosa con las muertes. En lugar del clásico grupo de desconocidos, esta entrega pone el foco en Stefanie, cuya conexión con la tragedia viene de fábrica… o, más concretamente, de la abuela. Resulta que los terrores nocturnos que sufre están ligados a una visión premonitoria que tuvo en los 60. El guion juega con el concepto del linaje maldito, dando un giro más oscuro y personal: ahora no solo mueren los amigos del instituto con nombre genérico, sino toda la familia tiene una diana mortal, lo que añade peso emocional.

Los efectos especiales cumplen, con gore del bueno —si gusta el kétchup espeso—, y la iluminación no deja nada a la imaginación. El reparto sorprende, con actuaciones tan sólidas que incluso uno llega a sentir lástima cuando alguien muere... aunque sea aplastado por un piano caído del cielo como en los dibujos animados.

El final es tan sutil cual mazo de demolición y algunos momentos te hacen levantar una ceja pensando «¿de verdad no podías esquivar eso?», pero en general el filme es lo que promete: adrenalina, morbo y muertes absurdamente divertidas. Después de seis películas, es más de lo que muchos esperaban. Visto el resultado en taquilla y las leyes del negocio que rigen Hollywood, superando los cien millones en su estreno global el primer fin se semana, no hay que descartar reencontrarse con la muerte.