Las gestorías ourensanas: «Case non damos abasto co traballo»

sindo martínez XINZO / CORRESPONSAL

SOCIEDAD

MIGUEL VILLAR

Manuel Pérez Campos, de Xinzo, asegura que la hostelería y el comercio son los sectores que más acuden a sus servicios

03 abr 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Lonxe de padecer unha severa crise a consecuencia do actual estado de alarma, existe un sector económico que está a traballar a todo ritmo para poder tramitar miles de documentos e cumprir coas demandas dos seus clientes. Trátase das xestorías e asesorías fiscais ou laborais. Na capital de A Limia, en Xinzo, é un tipo de establecementos con unha presenza moi numerosa para a cifra de habitantes da vila. Un dos propietarios de xestorías limiás é Manuel Pérez Campos, actual edil de Facenda do grupo de goberno municipal. Confesa que en poucas ocasións o seu negocio, Eido Empresas, tivo tanta carga de traballo. «Hai que ter en conta que xuntouse todo. Hai unha morea de solicitudes de autónomos, sobre todo da hostalería e do comercio, aos que, por exemplo, tramitamos as peticións, das axudas do goberno por cese ou redución de actividade para que poidan cobrar as axudas creadas polo executivo. Case non damos abasto co traballo».

Pérez decidiu o día antes da declaración do estado de alarma limitar o acceso presencial dos seus clientes a xestoría. Case todo o traballo é telemático, pero recoñece que en ocasións teñen que desprazarse porque hai clientes aínda sen ordenador.

¿Cántos trámites de ERTE estanse a facer estes días en Xinzo e na Limia? «Penso que a práctica totalidade do sector da hostalería e do comercio e incluso as perruquerías tramitaron un ERTE».

A opinión de Pérez Campos sobre as medidas do goberno camiña entre as dúbidas sobre o momento de adoptala e os seus posibles resultados: «Para as empresas e autónomos están medidas son, en xeral, positivas. O problema é que creo que chegaron tarde». ¿Cal será o futuro? Pérez non é optimista: «Penso que isto é un punto e aparte na economía. Moitos establecementos de hostalería e comercio non van a aguantar».