Abril de libros

David Otero

SOCIEDAD

03 abr 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Abril posúe acentos de libros e de lecturas. Se o día dous se celebra o Día Internacional do LIX, o 23 faise co Día do Libro. Iso non saca que os libros estean presentes, tal no colo de soñar, todos os días como soportes de lectura.

Casas polivalentes

Nestas datas poida que fagamos das nosas casas lugares de sentires polivalentes. Podemos volvelas unha festa, unha escola, unha tenda,unha taberna, unha discoteca. Tamén unha biblioteca ou unha librería.

Horas entrañables

Non olvidemos que a nosa cultura, de vivirmos nela, bótanos sempre unha man e danos ánimos e así, en calquera das devanditas versións das nosas casas, ben elaboradas a fíos doces, fantasías e intelixencias, tamén cos libros e na lectura, os tempos poden volverse horas entrañables, bravas e delicadas, viaxadas e útiles, entre pensamentos activados e creativos.

Sentiremos quen somos e tamén posiblemente algo novo e emotivo que nos dará máis forzas e enerxías para as nosas propostas de vivir. Comunicamos con nós mesmos, ou con quen nos pete.

Sorrisos e cabreos

Facémolo desde as conquistas que coroan as nosas realidades, pois a lectura e o libro posibilitan (re)escrituras cheas de sorpresas. Tamén sorrisos e cabreos, que vencen as distancias e nos colocan na nosa Cultura, Lingua e Literatura. Tamén chegarmos onde nos pete.

Polo libro e na lectura tecemos historias comprensivamente e notamos, como lectores e como lectoras, as moitas cargas e descargas dos infinitos universos soñados e desexados. O público seremos nós, ou tamén o serán quen nos pete.

Cómplices de lectura

E porque desde as nosas casas non buscar polas redes cómplices de lecturas? E porque non mandar mensaxes de lecturas e desexos de libros?

E porque polo libro e na lectura, comunicándonos, non deseñar espazos de presenzas vivas e de como nos ver no futuro?

Sería un enchente de amor e veciñanza cheo de contido vital, onde aflorarían os nosos sentimentos e os de quen lles pete.

Parécevos?