Julio Abalde, reitor da UDC: «O luns teremos todo preparado para impartir de maneira non presencial todas as materias»

SOCIEDAD

Abalde é reitor da universidade coruñesa desde o 2015
Abalde é reitor da universidade coruñesa desde o 2015 CESAR QUIAN

Cree que el esfuerzo es una buena ocasión para implantar nuevas herramientas y tecnologías en la docencia universitaria

14 mar 2020 . Actualizado a las 11:56 h.

Unha crise, pero tamén unha oportunidade. Con esa filosofía asume o reitor da Universidade da Coruña o reto de adoptar dende o vindeiro luns un modelo de docencia virtual completo.

—¿Cómo se está a preparar todo na UDC?

—Estamos aproveitando toda a potencialidade que temos no noso Campus Virtual, e o estamos completando con ferramentas de sistemas de videoconferencia, de creación de grupos en foros e en sistemas de conectividade tipo redes sociais entre os profesores e os grupos de estudantes das distintas materias. Cremos que o luns vamos a ter toda a tecnoloxía preparada para que se poidan impartir de forma non presencial todas as materias. Estamos preparados tanto para a docencia virtual como para a posibilidade de que unha parte importante dos nosos traballadores elixan o formato de traballo a distancia, non presencial.

—¿Manteránse os horarios de clase?

—Iso dependerá do que decida cada profesor. Por exemplo, poderán darse clases por videoconferencia a varios grupos á vez. Outros profesores elixirán non utilizar o sistema de videoconferencia, se non só utilizar a plataforma para depositar materiales ou preparar probas de avaliación de adquisición de coñecementos, usar chats, foros... Hai distintas ferramentas que se poden utilizar, algunhas vinculadas á coincidencia no tempo do profesor e o estudante e outras non. Os estudantes poderán estar onde queran e seguir a súa docencia desde calquera terminal e o profesorado poderá elixir se a imparte desde a súa casa ou desde o seu despacho o desde as aulas, porque as facultades non pechamos, o que suspendemos é a docencia presencial.

—Non deben ser días fáciles para os servizos informáticos.

—Quero agradecer o seu traballo, levan practicamente tres e catro días traballando arreo. Fundamentalmente porque moitas das ferramentas estaba previsto ilas implantando pouco a pouco e con este proceso estánse implantando todas ao mesmo tempo. E tamén se reforzou o hardware necesario, a infraestrutura necesaria. Pero valoramos que isto vai permitir unha maduración e a utilización global destas ferramentas moito máis rápida, temos que aproveitar para acelerar o proceso da súa implantación.

—¿Tamén é un reto sumar ao profesorado máis tradicional?

—A vantaxe é que toda a universidade está neste momento inmersa neste reto de actualización das metodoloxías, e iso fai piña entre todo o profesorado. Ademais, todos recoñecemos a situación excepcional na que nos atopamos, e iso fai que sexa moito máis doado que o profesorado entenda que se busca unha solución ante unha situación social complicada. Estou seguro de que todo o persoal arrimará o ombreiro. O obxectivo é que os estudantes non vexan perxudicados os seus dereitos e poidan rematar o curso con normalidade.

—¿E os estudantes que aspiran a ser universitarios o ano que vén, qué pasará coa selectividade?

—Aí o problema é que esta suspensión da docencia presencial cadra moi perto de cando ían facer as súas probas de avaliación de segundo de Bacharelato, e polo tanto é un problema importante dende o punto de vista de ensinanzas medias. Desde a CRUE (Conferencia de Rectores de Universidades Españolas) estou seguro de que facilitaremos todo o posible para intentar normalizar a situación de cara ao próximo curso. Teremos que ir axustando os calendarios tanto de ensinanzas medias como despois das probas de acceso e faremos todo o posible para que ningún se vexa perxudicado.

—¿Inevitable poñer sobre a mesa o aprazamento da ABAU?

—Eu creo que si.