Mariana Expósito: «Vai haber un xiro moi importante na vida de Luz»


redacción / la voz

Aproveitando o descanso na gravación de Serramoura para continuar os seus estudos de Xornalismo, falamos con Mariana Expósito, a actriz que interpreta a Luz no thriller de Voz Audiovisual.

-Que nos podes adiantar do episodio desta noite?

-Vai haber un xiro moi importante na vida de Luz, e a partir de agora nada vai ser o mesmo para ela. Ademais, hoxe reincorpóranse dous personaxes moi importantes de Serramoura e que van dar moito xogo.

-Luz é unha das personaxes icónicas da serie. Como a definirías?

-Creo que é todo amor e definiría a miña personaxe como o corazón e a unión de Serramoura. Tivo un pasado complicado que conseguiu deixar atrás. É esa persoa que ten relación con todo o mundo, a quen todos contan os seus problemas, e a que sempre intenta axudar. Pero nesta temporada haberá un pequeno cambio, que como actriz encántame, e é que Luz vai saír da taberna e terá que ocuparse de si mesma.

-Cales son os retos aos que a someten?

-O principal é á súa vida amorosa, porque é bastante conflitiva e cada vez quédanlle menos candidatos dos que namorar [ri]. Persoalmente, penso que é moi complicado escribir unha personaxe que está no día a día de Serramoura e na vida de todos os personaxes pero que non pode interactuar demasiado, porque non pode saber todo o que está acontecendo ao seu redor. Todo se fala na taberna e é complicado conseguir o equilibrio do que Luz pode saber e do que non.

-Que supón para ti interpretar a un personaxe como Luz?

-Para min é un reto cando estás nun lugar no que o resto dos personaxes teñen outras tramas máis potentes e ti tes que dicir unha frase de repente, e non queres romper esa atmosfera. É complicado xustificar que Luz non se meta no que acontece na taberna. Como é lóxico, hai que saber cando Luz pode participar ou non, pero para min resúltame máis complicado meter unha frase cando Luz interrompe algunha conversa que noutras secuencias nas que Luz tan máis peso.

­-Que lle falta por vivir a Luz?

-A partir de agora haberá momentos nos que Luz empeza a terse en conta a si mesma. Eu quería que se volvese un pouco máis mala.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Mariana Expósito: «Vai haber un xiro moi importante na vida de Luz»