Fantasmas en procesión

SOCIEDAD

videntemente, non podería ser doutra maneira. A columna de hoxe, a deste domingo, xa che pertence desde as primeiras liñas. Porque nada sería igual se non estiveses sempre para recordarnos que a realidade é algo que se encontra bastante máis alá do ruído que nos rodea neste tempo sen dúbida difícil (e por certo: ¿cando foron fáciles os tempos...?) no que tantos dos que levantaron monumentos á soberbia, e polo tanto a si mesmos, tratan de convencernos, a berros, de que son dogmas de fe as mentiras nas que envolven os seus manexos. Pero por sorte témoste a ti. A ti, si, que estás aí para lembrarnos, conforme lles vas dando vida ás palabras, que aínda que en efecto contar sexa un destino, se non continuases ao noso lado, se isto non fose unha conversa ?é dicir, se non existise este diálogo contigo?, case todo carecería de sentido. O teu convencemento de que a liberdade é filla da transparencia convértese, á hora de manter a mirada fixa no horizonte, no máis valioso de todos os exemplos posibles. Á túa beira, porque sempre soubeches manter a cabeza alta, tomamos conciencia de que seguir camiñando é o que de verdade importa. Convén que non o esquezamos. Incluso a esta hora, na que se desvela que o purgatorio é un lume que ás veces se acende no corazón, e non un lugar físico, a triste procesión das ánimas vai chea de fantasmas que culpan dos seus males ao destino.