Spice girl


POIS SI SEÑOR, así estamos: as letras de Europa, que tantas satisfaccións nos levan dado desde os tempos de Homero ata os de Lobo Antunes e Tabucchi ?pasando polos das sagas de Islandia e naturalmente polos do Rei Sabio e Cervantes?, van ver medrar o seu catálogo coa ruidosa incorporación de Geri Halliwell, ex compoñente das máis que míticas Spice Girls, aquelas rapazas que ademais de cantar pegaban tantos saltos. Resulta que Miss Halliwell, que segundo explican os expertos na materia era a máis «espontánea» do grupo ?coñécese que as outras debían de ser máis ben tímidas, aínda que parecer non o parecían, a verdade?, vaise dedicar á literatura. E xa anuncia o nacemento dunha colección de contos, que terá como fío condutor a presenza dunha protagonista á que chamará Ugenia Lavanda. Un macrotexto, que dirían os exquisitos, vaia. Consciente de que toda gran escritura non inaugura unha tradición nova, senón que nela conflúen e por suposto florecen moitas das tradicións que existiron antes, a Geri non lle doen prendas á hora de recoñecer influencias: como a de Oscar Wilde, o autor daqueles relatos nos que as anduriñas entregaban a vida ás neves de inverno aos pés das cegas estatuas dos príncipes. Ademais, a ex Spice de pelo colorado, que desde nena leu libros «encantada», adianta que haberá un personaxe inspirado en Victoria Beckham. O que de momento non se sabe é se tamén sairá nos contos o xogador do Real Madrid. Pero todo se andará.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Spice girl