Así es hoy el Club 33, la biblioteca infantil de Santiago que hace 50 años ya fue pionera en España y rompió moldes

Olalla Sánchez Pintos
Olalla Sánchez SANTIAGO

VIVIR SANTIAGO

Este viernes se cumple medio siglo desde la puesta en marcha de un centro, rompedor tanto a nivel estético como por sus actividades, que dejó huella en miles de compostelanos. La biblioteca heredera redobla su apuesta en el Centro Cultural do Ensanche

23 ene 2024 . Actualizado a las 13:30 h.

Será este viernes cuando se cumplan 50 años de la puesta en marcha del Club 33, una biblioteca que desde sus primeros momentos en el casco histórico compostelano marcó un antes y un después, no solo en Santiago, y cuya heredera, la Biblioteca Afundación, continúa dejando huella en el Centro Cultural do Ensanche. Su coordinador, Pedro Lucas Domínguez, y la bibliotecaria Beatriz Prado repasan los principales hitos de una trayectoria que durante medio siglo no pasó desapercibida.

En enero de 1974 nacía en el número 33 de la compostelana rúa Nova el Club 33, un centro de animación sociocultural dirigido a un público infantil y articulado alrededor de una biblioteca, una de las más veteranas de España dedicada exclusivamente a niños. «Foi tal o éxito que dez días despois da súa apertura o número de socios superaba os 900. Aos seis meses había 1.900, o 16 % da poboación infantil da cidade. Para ser socio había que ter unha libreta aberta na Caixa e lembro que houbera avalancha para facerllas aos nenos. Eu nese momento tiña o carné número 1», atestigua Pedro Lucas. «A Caixa de Aforros de Santiago, consciente da carencia de lugares de lecer para os pequenos, decide crear nese momento un centro de animación. O deseño do proxecto encargouse ao bibliotecario Luís Arribas, quen non dubidou en estudar in situ varios proxectos europeos. Foi un home pioneiro, que rapidamente entendeu que o Club 33, ademais de biblioteca, debía ser un centro con actividades que enganchasen aos pequenos. Unha das súas frases era ‘'Neste lugar teñen que mandar os nenos'', incluso con actividades de buzoneo nas que se incluía un ‘'Para usted'' e ese vostede eran os nenos», explica Pedro Lucas. «Un público que segue a ser a nosa prioridade hoxe en día», remarca.

Cedida por Afundación

«As miñas lembranzas daquel momento son tamén como usuario. Algo que comentabamos os rapaces era a súa decoración, cunha estética rompedora para aquel momento. Nos primeiros anos o Club 33 estaba na planta baixa. Era un espazo moi longo, con estantes e mobiliario de cores, cunhas peixeiras que contemplabas a través duns ollos de boi. Ao fondo había un falso xardín. Algo moi significativo eran os seus coxíns, nos que todos nos tirabamos para ler. Iso ata entón non se vía; Líase sempre sentado», evoca Pedro Lucas Domínguez. «Ao principio a biblioteca arrancou con poucos libros, pero cunha aposta xa seria polos cómics, algo tamén innovador. Aos rapaces motivábasenos ademais con talleres de maxia ou de música, ou clases de mimo», prosigue.

Cedida por Afundación

«Tentábase tamén espertar o noso lado artístico con concursos de pintura, que tamén se facían fóra do centro. Non esquezo cando se xuntaron 3.000 nenos debuxando na Praza da Quintana», señala Pedro, poniendo el foco en hándicaps iniciales que también se solventaron. «Luís quixo facer unha enquisa preguntándolles aos nenos que esperaban da biblioteca. A resposta unánime foi a de poder levar libros á casa para ler. Nese momento inicial aínda non se podía facer préstamo a domicilio. Os libros líamolos alí», incide Pedro.

«No ano 1979 a biblioteca trasladouse momentaneamente ao actual espazo do Centro Cultural do Ensanche. A xente moveuse con ela, pero foi algo transitorio. Dous anos despois, volvía ao mesmo número da rúa Nova, ao 33, pero xa no primeiro piso, que é a localización que moitos santiagueses de entre 30 e 45 anos aínda lembran», continúa, entre más recuerdos.

Años 80 y 90

Cedida por Afundación
  

«Ese final dos anos 80 coincidiu tamén cunha nova etapa, baixo a dirección de Xosé Victorio Nogueira, quen desenvolveu a súa xestión ata 1997, cando comecei a levala eu. Por un tema de rexistro pasou a chamarse Nova 33, conservando a idea de biblioteca-club con actividades dinámicas e moi suxestivas, de lecer creativo», enfatiza Pedro, recordando que fue también en estos años cuando se consolida la apuesta del centro por la literatura infantil y juvenil en gallego. «O desexo de actualización permanente da colección levou á compra de todos os títulos da produción infantil en galego. O centro foi tamén pioneiro na elaboración dun programa automatizado que facilita a información bibliográfica», ensalza Pedro. «Todo iso mentres se continuaba con talleres de música, concursos de fotografía, ciclos de vídeo, xogos de rol., campionatos de xadrez...», remarca, tomando Beatriz Prado la palabra.

«Naqueles anos xa se convidaba aos autores a facer presentacións de libros na biblioteca, algo excepcional e que atraía moitísimo público, tamén das aforas. Fomos promotores dun ocio que non existía», reivindica la bibliotecaria, singularizando también un taller de creación literaria con el que ella se inició en el centro en 1992 y por el que Nova 33 no dejó de ganar eco. «Durou varios anos e nel fixeron moitísimas cousas, como entrevistas a autores destacados. Marcou un momento histórico no espazo», enfatiza Beatriz.

«No eido literario sucedíanse apostas, como o programa Hora do conto; o Premio Rúa Nova de Narracións Xuvenís, que, dende 1992, foi acadando dimensión nacional; ou a iniciativa Tren Caixa Galicia, no que creadores relataban a vida e a obra de Rosalía de Castro ou Castelao tanto nunha ruta en tren ata Padrón como en barco pola ría de Arousa», recuperan.

De nuevo en el Ensanche

El coordinador de la Biblioteca Afundación, Pedro Lucas Domínguez, y la bibliotecaria Beatriz Prado
El coordinador de la Biblioteca Afundación, Pedro Lucas Domínguez, y la bibliotecaria Beatriz Prado PACO RODRÍGUEZ

La última etapa del centro, ahora llamado Biblioteca Afundación, comenzó el 26 de diciembre del 2006, al abandonar el casco histórico y asentarse en Frei Rosendo Salvado, compartiendo local con el Centro Sociocultural do Ensanche -dependiente del Concello de Santiago-, un cambio que ambos agradecen. «Pese a que ao inicio houbo xente que puido non identificar a biblioteca co que era a Nova 33, co traslado gañamos en amplitude e comodidade e pouco a pouco xa fixemos noso o novo espazo, con dúas salas diferenciadas, unha para público xuvenil e outro infantil, na que, ademais de contar cun sitio específico para o estudo e lectura, puidemos ofrecer un amplo programa de actividades de animación e dinamización lectora, levados a cabo por persoal especializado», resaltan, enumerando varias con las que se afianzaron.

«Aquí houbo dende talleres de contos a artísticos, literarios, musicais ou científicos, con sucesivas visitas de escolares e presentacións de libros. Tamén montamos exposicións, tanto sobre libros destacados, como o de Ciudades de Papel, de David Pintor, Carapuchiña, de Mac Taeger, ou A cebra Camila, de Fausto Isorna, como sobre fotografías sobre Castelao, a emigración ou a natureza. Dende hai anos, ademais, organizamos seminarios especializados de literatura infantil e xuvenil orientados a profesionais e colaboramos con profesores e alumnos da Facultade de Ciencias da Educación», señalan.

Sandra Alonso

«Algo que nos move é que a xente poida coñecer o noso fondo. No centro temos máis de 22.000 títulos, entre libros e audiovisuais, con todo o publicado en galego dentro da literatura infantil e xuvenil ata os nosos días. Varios dos títulos amósanse en tres estantes que xa estaban na rúa Nova (‘A', ‘B','C') e que aínda conservamos», muestran con orgullo.

«Cada momento ten o seu usuario. De todas as etapas nós quedámonos con esta. Despois da pandemia houbo un cambio significativo no perfil do usuario adulto que chega ata aquí, máis maduro, comprometido e interesado na importancia de transmitir o valor da lectura aos seus fillos», reconocen ambos. «Moitos pais que nos 90 eran nenos e ían a esa biblioteca que aínda estaba na zona vella traen agora aos fillos ao novo espazo», añaden. «O neno sempre foi, é e será o que nos guíe», subrayan.